Luigi Poderico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Luigi Poderico, nado en 1608 ou 1609 en Nápoles e finado o 30 de xaneiro de 1675, tamén en Nápoles, foi un militar e político que ocupou o cargo de Gobernador ou Capitán Xeneral de Galicia dende 1663 ata 1666. Participou nas guerras entre España e Portugal do século XVII.[1]
Remove ads
Biografía
Pertencente á familia aristocrática napolitana dos Poderico, o seu pai era Giovan Battista Poderico, irmán máis novo de Paolo, marqués de Montefalcione. Comezou a súa carreira militar en 1626 alistándose como soldado raso no terzo do duque de Bovino Giovanni de Guevara. Ascendeu rapidamente de rango, participando en varias operacións militares no norte de Italia (cerco de Casale Monferrato en 1628) e en Flandres (entre 1633 e 1640). Posteriormente, participou, ao mando das forzas españolas e co rango de mestre de campo, en varias operacións militares como parte da Guerra dos Segadores. En 1646 participou na defensa de Orbetello, asediada polos exércitos franceses baixo o mando do príncipe Tomás Francisco de Saboia.
O 7 de febreiro de 1648, perseguiu a Henrique II de Guisa, que fuxira de Nápoles tras a entrada das tropas españolas na cidade durante a revolta de Masaniello, e fíxoo prisioneiro preto de Castel Morrone.
En 1642 recibiu o título de cabaleiro da Orde Militar de Calatrava. En novembro de 1663 foi nomeado gobernador e Capitán Xeneral de Galicia, substituíndo a Pedro Carrillo de Acuña. Nesta rexión comandou as tropas españolas contra os portugueses na Guerra de Restauración Portuguesa.
Tras a morte de Filipe IV de España, regresou definitivamente a Nápoles e morreu na cidade napolitana o 30 de xaneiro de 1675.
Remove ads
Toponimia
Unha praza da cidade de Nápoles está dedicada a Luigi Poderico, situada entre as rúas Arenaccia, Sant'Alfonso Maria de' Liguori, Benedetto Cairoli e Camillo Porzio.[2]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
