Luís Taboada
xornalista e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Luís Taboada Coca, nado en Vigo o 6 de outubro de 1848 e finado en Madrid o 13 de xaneiro de 1906, foi un escritor galego.
Remove ads
Traxectoria
Estudou no instituto de Pontevedra. Trasladouse a Madrid protexido por Alejandro Chao que o nomeou o seu administrador para que puidese vivir na capital. Traballou nos ministerios de Gobernación e de Fomento, sendo secretario particular de Ruiz Zorrilla e Nicolás María Rivero. Foi redactor de El Meteoro de Vigo en 1867; colaborou con crónicas festivas en La Ilustración Española y Americana, La Ilustración Ibérica, Madrid Cómico, Nuevo Mundo, El Imparcial, El Duende, ABC e Blanco y Negro.[1] En El Miño publicou unha serie de poemas baixo o título de "Gorgoritos". Estreou en Madrid en 1878 a comedia nun acto Afinador y mártir. O humor de Taboada Coca, na liña costumista, foi moi popular en toda España. En Oráculos del matrimonio proporcionou un modo de saber que parella se terá, a partir duns tipos básicos de homes e mulleres, dos que se dan fotos. Wenceslao Fernández Flórez incluíuno na súa antoloxía do humor.
Remove ads
Obras
- Afinador y mártir (1878), comedia.
- Errar el golpe (1885)

- Los ridículos (1891)
- Madrid en broma (1891-92)
- La vida cursi (1892)
- Rayos de Sol (1892) con Julián Bastinos
- Titirimundi (1892)
- Siga la fiesta (1892)
- Caricaturas (1892)
- Páginas alegres (1893)
- El mundo festivo (1894)
- Madrid alegre (1894)
- La joven América (1894)
- Intimidades de un autor festivo (1894)
- La joven América: Juguete cómico en un acto y en prosa (1894), con Félix González Llana
- Cursilones (1895)
- Viajes de placer, (1895).
- Perfiles cómicos (1897)
- Colección de tipos (1898)
- La viuda de Chaparro (1899, novela)
- Notas alegres (1900)
- Crónicas alegres (3 vols., 1900, 1901-02, 1903-04)
- Los cursis (1903)
- Portugal en broma (1904)
- Pescadera a tus besugos (novela, 1905)
- Las de Cachupín (novela, 1905)
- La vida en broma (1905).
- Chamorro (novela)
- Para reír toda la vida (1906)
- Oráculos del matrimonio (1906).
- Emilio Castelar e Luis Taboada, Un viaje à Paris durante el establecimiento de la República, La Ilustración Gallega y Asturiana, 1880.
- Paris y sus cercanías: Manual del viajero, 1880.
- Trop de Zéle
- Clamores justos
- Epigramas
- Don Gil allá en el Brasil.
Póstumas
- Pellejín. Historia de un diputado de la mayoría (1910)
- Historia cómica de España (2 vols., 1911, 1912), en colaboración.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads