Lobo (constelación)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lobo (constelación)
Remove ads

Lupus ou Lobo[1] é unha constelación do hemisferio sur situada entre as constelacións de Centaurus e Scorpius. Atópase entre as patas do escorpión e case unida a centauro. Dende Galicia (incluíndo Europa central) só se pode ve-la parte máis setentrional da constelación, no momento do tránsito polo meridiano, a comezos do verán.

Datos rápidos Lupus, Nome latino ...
Remove ads

Características Notables

Lupus é unha pequena constelación que, sen ter ningunha estrela extremadamente brillante, conten ó redor dunha trintena de estrelas de segunda e terceira magnitude, incluíndo un número de estrelas binarias ou múltiples. Entre as estrelas que compoñen a figura da constelación, só algunhas reciben nome propio. A máis brillante entre elas, α Lupi, ocasionalmente coñecida coma Kakkab ou Men. GQ Lupi é unha estrela cunha compañeira subestelar da que se ten obtido unha imaxe directa. Na constelación tamén pódense observar algúns cúmulos abertos e globulares.

Remove ads

Estrelas principais

  • α Lupi (Kakkab ou Men), a estrela máis brillante da constelación (magnitude aparente 2,30) é unha xigante azul a uns 550 anos luz. É unha variable do tipo Beta Cephei.
  • β Lupi, segunda estrela máis brillante da constelación con magnitude aparente 2,68, é unha estrela xigante semellante á anterior.
  • γ Lupi (Thusia), estrela tamén azul de magnitude 2,80. O igual que α Lupi e β Lupi atópase a pouco máis de 500 anos luz de distancia.
  • δ Lupi, estrela subxigante azul de magnitude 3,22.
  • ε Lupi, binaria visual cunha compoñente principal que é á súa vez unha binaria espectroscópica.
  • ζ Lupi, a diferenza doutras estrelas da constelación que son branco-azuladas, é unha xigante amarela. Atópase unhas 5 veces máis próxima cás cinco estrelas anteriores.
  • η Lupi, estrela binaria cunhas compoñentes que se atopan separadas 15 segundos de arco.
  • ν Lupi designa a dúas estrelas distintas: ν1 Lupi, estrela amarela algo máis quente co Sol situada a 111 anos luz; ν² Lupi, anana amarela moi semellante ó Sol a 47,5 anos luz. Esta última é un obxectivo prioritario na procura de planetas extrasolares.
  • χ Lupi, binaria espectroscópica cunha compoñente principal que é un interesante exemplo de estrela de mercurio-manganeso.
  • 2 Lupi (f Lupi), xigante laranxa e membro da asociación estelar de Scorpius-Centaurus.
  • g Lupi (HD 139664), estrela amarela cun disco circumestelar ó seu redor , semellante ó cinto de Kuiper existente no sistema solar.
  • GG Lupi, binaria eclipsante composta por dúas estrelas de tipo espectral B.
  • GQ Lupi, unha estrela variable T Tauri cun posible planeta ó redor.
  • Gliese 588 (CD-40 9712), anana vermella a 19,36 anos luz da Terra.
  • SN 1006, supernova que no ano 1006 acadou magnitude -7,5. O resto de supernova asociado é a radiofonte PKS 1459-41.
Remove ads

Obxectos Notables do espazo profundo

  • Ó norte da constelación pódense observar dous cúmulos globulares: NGC 5824 e NGC 5986. Ningún é visible con prismáticos aínda que si con pequenos telescopios.
  • Cúmulo globular NGC 5927, a uns 24.000 anos luz de distancia, coma os anteriores só visible cun telescopio.
  • Dous cúmulos abertos ó sur da constelación (NGC 5822 e NGC 5749).
  • Galaxia espiral barrada NGC 5643.
  • No bordo oeste, a nebulosa planetaria IC 4406, que contén algunhas das estrelas máis quentes que existen.
  • NGC 5882, outra nebulosa planetaria preto do centro da constelación.
  • Outro obxecto interesante, a nebulosa planetaria NGC 5873, situada a uns 13.500 anos luz da Terra.

Mitoloxía

Segundo a lenda tratase do rei de Arcadia, Licaón, que foi transformado en lobo coma castigo pola súa extrema crueldade xa que chegou a matar a case tódolos seus fillos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads