Compás de Debuxo (constelación)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Compás de Debuxo,[1] Circinus ou Compás[2] é unha das constelacións pequenas do sur (declinación −50 a −60 graos).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Compás.
Remove ads
Historia
Esta constelación foi inventada no século XVIII, e foi inserida por Nicolas Louis de Lacaille, quen tiña unha fascinación pola ciencia secular, de onde sacou numerosos nomes para as constelacións. Dado que é unha creación do século XVIII, non foi visible para as culturas do Mediterráneo, polo que non existe mitoloxía anterior ó século XVIII asociada con esta constelación.
Estrelas principais
- α Circini, a estrela máis brillante da constelación, unha variable Alfa2 Canum Venaticorum cunha magnitude que varía entre 3,18 e 3,21.
- γ Circini, estrela dobre, onde as súas compoñentes están separadas 0,9 segundos de arco.
- δ Circini, estrela de magnitude 5,04, é unha estrela azul do raro tipo espectral O moi afastada de nós, a uns 6500 anos luz.
- AX Circini, de magnitude 5,87, é unha estrela dobre e variable cefeida.
- BU Circini, estrela variable Beta Cephei.
Outras estrelas con desginación de Bayer
- β Cir 4,07; ε Cir 4,85; ζ Cir 6,09; θ Cir 5,08; η Cir 5,16
Remove ads
Obxectos Notables do espazo profundo
- NGC 5315, nebulosa planetaria cunha estrutura en forma de X.
- Pismis 20, pequeno cúmulo aberto 12 arcmin ó suroeste de β Circini.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads