Cambroeira
xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Co termo cambroeira ou cambrón[1] desígnanse as diversas especies de arbustos pertencentes ao xénero Lycium (da familia solanaceae), de 1 a 3 m de altura, moi ramificados, espiñentos, con follas lanceoladas ou oblongas, flores axilares, tubulares, solitarias ou en grupos reducidos, con corola a xeito de campá de cor vermella ou violácea, estames soldados a esta, e froitos en baga indehiscente, que medran nas sebes e nos bordos dos camiños.[2] A polinización adoita ser entomófila ou mediante aves, grazas á presenza dun disco nectarífero intraestaminal.
- Ter en conta que co termo cambrón ou espiño cambrón desígnanse diferentes especies: "Crataegus monogyna" (estripeiro ou escambrón) ou "Pyrus cordata" (pereira brava). Tampouco confundir coa camariñeira ou camariña ("Corema album" (L.) D. Don.).
Comprende 83 especies distribuídas en zonas subtropicais, xeralmente áridas e secas, por todo o globo. O froito dalgunhas especies emprégase na medicina tradicional chinesa coma menciña para os problemas de circulación sanguínea, recibindo o nome de gouqizi (枸杞子). En Galiza son raros.
Remove ads
Especies
A distribución xeográfica da súa diversidade é tal que en América do Norte hai unhas 20 especies, 30 en América do Sur, 30 en África, 10 en Eurasia e unha en Australia.
Listaxe parcial:
|
|
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads