Atlético Malagueño

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Atlético Malagueño é un club de fútbol andaluz, da cidade de Málaga, primeiro equipo filial do Málaga Club de Fútbol. Fundouse en 1990 como Sociedad Deportiva Malagueña e xoga actualmente no grupo 4 da Segunda División B Española.

Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...

O seu maior éxito foi ascender á Segunda división española no ano 2003, onde se mantivo tres tempadas consecutivas.

Remove ads

Denominacións

Foi fundado en 1990 como Sociedad Deportiva Malagueña. Coa desaparición do Club Deportivo Málaga en 1992, converteuse no filial do Club Atlético Malagueño (que ata entón fora o filial do CD Málaga e que durante 2 anos relevouno como primeiro equipo malaguista).

En 1994 o Club Atlético Malagueño cambiou o seu nome, feito que supuxo o nacemento do actual Málaga Club de Fútbol. En 1995, o filial adoptou o nome do primeiro equipo pasando a ser o Málaga Club de Fútbol B, para axustarse á normativa da Real Federación Española de Fútbol.

En 2008 a presidencia do Málaga declarou a súa vontade de adoptar para o filial a denominación tradicional de Atlético Malagueño, con moito arraigamento entre os afeccionados malaguistas,[1] nome que o 9 de xullo de 2009 foi aprobado pola Real Federación Española de Fútbol.

Remove ads

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta branca e celeste a franxas verticais, pantalón azul e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta amarela con detalles negros, pantalón negro e medias negras.
  • Terceiro uniforme: Camiseta azul escura con franxas brancas, pantalón azul escuro e medias azuis escuras.

Datos do club

Xogadores

Actualizado a 8 de setembro de 2018.

Máis información Nº, Posto ...
Remove ads

Palmarés

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads