Máxico Boo

personaxe de ficción From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Máxico Boo (魔人ブウ Ma-jin buu?, tamén coñecido como Gran Boo) é un personaxe de ficción da serie de manga e anime Dragon Ball Z. É o derradeiro inimigo ó que se enfrontan os heroes no manga, un monstro rosado coa habilidade de absorber persoas, tralo cal cambia de forma e vólvese máis poderoso adquirindo a súa enerxía e habilidades especiais. Ademais, pode imitar as técnicas dos seus adversarios con tan só observalas unha vez.

Datos rápidos Tipo, Obra ...
Remove ads

Biografía

Orixe

Este monstro foi creado por Bibidi 5 millóns de anos antes do ano cero da Cronoloxía de Dragon Ball. Inicialmente tiña a aparencia dun neno pequeno e aniquilou centos de planetas durante varios anos, pero era un ser que nin o propio Bibidi podía controlar, así que encerrábao nunha esfera mediante unha fórmula máxica cando non o necesitaba. Aniquilou ós Kaiō Shin do Norte e do Oeste, absorbeu ó do sur adquirindo unha forza e enerxía maiores coa aparencia dun coloso musculado, posteriormente absorbeu ó Dai Kaiō Shin, decrecendo a súa resistencia, enerxía e agresividade pero obtendo novos poderes máxicos (como transformar o que sexa no que queira), nesta transformación adquiriu unha aparencia obesa e unha gran apetencia pola comida da cal obtiña a súa enerxía. Grazas a isto Bibidi foi capaz de controlalo con maior facilidade, pero quedou encerrado na esfera cando Bibidi foi asasinado por Kaiō Shin do Leste e Kibito.

O espertar na Terra

No ano 774 da Cronoloxía de Dragon Ball, Babidi, fillo de Bibidi, liberou o monstro utilizando a enerxía de Son Goku, Son Gohanda e Vexeta transformados en Super Saián 2. Para iso empregou en primeiro lugar a Spopovich e a Yamu, dous humanos subordinados que lle quitaron a metade da enerxía necesaria a Son Gohanda cunha xiringa especial. Posteriormente usou a Vexeta xa que os seus subordinados (salvo Dabla) non podían facerlles fronte. Vexeta pola súa parte, deixouse medio controlar por Babidi a propósito para poder forzar unha loita contra Son Goku e que Babidi lle espertase de paso o seu poder oculto. O Máxico Boo conseguiu saír do seu encerro e nuns instantes derrotou a Dabla, Son Gohanda e Kaiō Shin do Leste. Ó observar a enorme forza do Máxico Boo, "Majin" Vexeta deixou inconsciente a Son Goku para enfrontarse a el. Aínda que nun primeiro momento pareceu dominar ó Máxico Boo, Vexeta viuse superado pola súa enorme potencia e a súa invulnerabilidade. Poñéndose no lugar de Son Goku e mostrando por primeira vez sentimentos de nobreza, Vexeta decidiu concentrar toda a súa enerxía nunha potente explosión que o auto destruiría para que o Máxico Boo non puidese rexenerarse, pero non deu resultado e o Máxico Boo recuperouse sen ningunha secuela.

Remove ads

Transformacións

  • Máxico Boo Musculoso: Máxico Boo Orixinal + Kaio Shin do Sur
  • Máxico Boo Gordo: Máxico Boo Orixinal + Kaio Shin do Sur + Dai Kaio Shin
  • Máxico Boo Malo: Máxico Boo Pura Maldade + Máxico Boo Bo
  • Máxico Boo Son Gotoranks: Máxico Boo Malo + Son Gotoranks SS3 + Piccoro
  • Máxico Boo Piccoro: Máxico Boo Malo + Piccoro + Son Goten + Toranks
  • Máxico Boo Son Gohanda: Máxico Boo Malo + Son Gohanda + Piccoro + Son Goten + Toranks
Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads