Planudes

From Wikipedia, the free encyclopedia

Planudes (en latín Planudes, en grego Πλανούδης) tamén chamado Planudes Máximo, foi un monxe e erudito Constantinopolitano da época romana oriental.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

Naceu en Nicomedia de Bitinia (hoxe Izmit). Distinguiuse como teólogo, gramático e retórico, pero o seu papel máis interesante foi o de compilador das coleccións de poetas gregos menores (coñecidos como grilandas ou antoloxías, (Στέφανοι, ̓Ανθολογίαι). Viviu en Constantinopla na primeira metade do século XIV.

Andrónico II Paleólogo enviouno como embaixador a Venecia en 1327. Descoñécense outros fitos da súa vida pública ou privada.

As súas obras individuais non teñen a suficiente importancia para ser enumeradas unha a unha e é necesario agrupalas tematicamente:

A súa obra principal, a Antoloxía de Planudes, foi inicialmente considerada a Antoloxía grega por excelencia ata que se descubriu a Antoloxía de Constantino Céfalas[1].

A Antoloxía de Planudes

Consta de sete libros, cada un dos cales, excepto o quinto e o sétimo, está dividido en capítulos e ordenados por orde alfabética. O primeiro libro titúlase Έπιδειτικά (cousas pomposas, cousasostentosas) e recolle epigramas sobre este tema. O segundo, σκωπτικά, fala de temas satíricos. O terceiro, ἐπιτύμβια, é de temática sepulcral, inscricións en túmulos. O cuarto contén inscricións en estatuas de atletas e outras obras de arte. O quinto recolle a Ἔκφρασις de Cristodoro e inscricións e epigramas en estatuas de carros no Hipódromo de Constantinopla. O sexto, ἀναθηματική, reúne maldicións. E o sétimo, ἐρωτικά, fala de cuestións amorosas. Esta distribución é diferente á que fai Agatías na súa colección, coa que ás veces se confundiu. Esta Antoloxía recolle e organiza a de Constantino Céfalas, e engade algúns epigramas diferentes[2].

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.