Máximo Ramos
pintor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Máximo Ramos López, nado na Graña (daquela pertencente ao Concello de Serantes, hoxe ao de Ferrol) o 4 de setembro de 1880 e finado en Madrid o 25 de febreiro de 1944,[1][2][3][a] foi un debuxante, escenógrafo, muralista, publicista, ilustrador, gravador e pintor galego.
Remove ads
Traxectoria
Fillo de mariño, Máximo, orfo xa de mozo, non quixo seguir a profesión do pai. Colaborou en El Correo Gallego daquela inda en Ferrol. En 1907 trasladouse á Coruña. En 1910 emigrou a América, traballando de cartelista e escenógrafo, percorrendo México, Cuba (colaborando con Galicia Gráfica e Labor Gallega), os Estados Unidos, Guatemala e a Arxentina.[4]
De volta en España traballou para La Ilustración Española y Americana (da que foi director artístico en 1913), Diario Ferrolano, Prensa Española (Blanco y Negro e ABC), La Esfera, Nuevo Mundo, Flechas y Pelayos e Fotos. Publicou a novela Mientras llega la hora (Talleres Jesús López, Madrid, 1916), onde amosou a súas convicións ideolóxicas e aspiracións políticas revolucionarias con debuxos intensos e escritos breves que fixeron medrar a súa fama de anarquista.[5]
A súa obra está presente nas coleccións de institucións como, entre outras, a Deputación da Coruña,[6] o Museo de Pontevedra,[7] a Colección Afundación, o Museo Municipal Quiñones de León,[8] o Museo de Belas Artes da Coruña,[9] a Real Academia Galega[10] ou o Museo ABC.[11]
Remove ads
Recoñecementos
O Premio de Gravado Máximo Ramos, celebrado desde 1984,[12] así como unha rúa do Concello de Ferrol, levan o seu nome.[13]

Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads