Métis
pobo indíxena mestizo de América do Norte From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os métis son un pobo indíxena mestizo cuxas terras históricas inclúen as Pradarías canadenses que se estenden por Ontario, a Columbia Británica, os Territorios do Noroeste e noroeste dos Estados Unidos de América.[2][3][4][5] Os métis comparten unha historia e cultura comúns, a cal deriva da mestura entre os europeos (principalemente franceses, escoceses e ingleses) e indíxenas (principalmente cree), que se distinguiu a través da etnoxénese a mediados do século XVIII,[6] durante os primeiros anos do comercio de peles en América do Norte.[7]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Metis.
No Canadá, había 624.220 métis no ano 2021,[1] e son un dos tres grupos de pobos indíxenas legalmente recoñecidos pola Acta constitucional de 1982 do Canadá, xunto coas Primeiras Nacións e os inuit.[8]

O Consello Nacional Métis (MNC) é a organización política que representa a Nación Métis a nivel nacional e internacional. En 2002, o Consello definiu como métis: "unha persoa que se identifica como métis, distinta doutros pobos indíxenas, de ascendencia histórica da nación métis e que é aceptada pola propia nación".[5]

Alberta é a única provincia canadense cun territorio métis recoñecido: os oito asentamentos Métis, cunha poboación de aproximadamente 5.000 habitantes en 5.100 km2[9] e as novas terras métis preto de Fort McKay, compradas ao Goberno de Alberta en 2017.[10]
Remove ads
Etimoloxía do termo
A palabra métis é orixinalmente un termo francés para describir unha 'persoa de filiación mixta' e deriva da palabra latina mixticius, de mixtus, 'mesturado'.[11][12][13] É un termo afín ao mestizo.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads