Míchel Salgado
futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Miguel Ángel "Míchel" Salgado Fernández, nado en Vide (As Neves) o 22 de outubro de 1975, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española e mais coa selección galega, da cal foi seleccionador xunto con Fran.
Remove ads
Traxectoria
Míchel Salgado comezou a súa carreira como futbolista nas categorías inferiores do Celta de Vigo. Na tempada 1994–95 deu o salto ao cadro do primeiro equipo vigués. Tras estar cedido no UD Salamanca a tempada 1996–97, Salgado volveu ao Celta de Vigo onde se consolidou como un dos mellores defensas do fútbol español, que o levaron á selección en 1998, coa que debutou coa derrota de España en Chipre (3–2).
No verán de 1999 o Real Madrid fíxose cos servizos do lateral galego, que gañou a titularidade dende entón no once merengue. É coñecido como "Il due" (o 2), o seu dorsal. No verán de 2009, malia ter tres anos máis de contrato co club branco, o Real Madrid decidiu prescindir dos seus servizos. Salgado fichou polo Blackburn Rovers, que milita na Premier League inglesa, club no que permaneceu até 2012.
O 6 de maio de 2016 foi presentado, xunto con Fran, como seleccionador da selección galega.[1]
Remove ads
Palmarés
- 2 veces campión da Copa de Europa, en 2000 e 2002
- 1 vez campión da Copa Intercontinental, en 2002
- 1 vez campión da Supercopa de Europa, en 2002
- 4 veces campión da liga española, en 2001 , 2003 ,2007 e 2008
- 2 veces campión da Supercopa de España, en 2001 e 2003
- Foi internacional absoluto coa selección española. Coa selección española sub 21 gañou no 1998 o Campionato de Europa.
- Tamén foi internacional coa Selección galega.
Remove ads
Como empresario
Míchel Salgado converteuse, grazas aos beneficios conseguidos coa práctica deportiva, nun importante empresario. Posúe intereses inmobiliarios en Vigo, asociado nalgúns casos ao exfutbolista Valery Karpin, e no Porriño. Tamén ten investimentos na cría de cabalos de carreiras,[2] e é o presidente do club de hóckey a patíns Vigo Stick.[3]
Tamén ten intereses no sector audiovisual, onde posúe unha porcentaxe da canle Destino Galicia, unha canle de televisión dixital de temática galega.[2]
Vida persoal
Casou no verán de 2000 en Madrid con Malula Sanz, filla do entón presidente do Real Madrid, Lorenzo Sanz.[4] A parella tivo tres fillos: Malu, Miguel Ángel e Alan.[5]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads