Músculo flexor curto do dedo polgar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O músculo flexor curto do dedo polgar é un músculo do membro superior humano, pertencente á man. Orixínase no tubérculo do trapecio e nas vaíñas extensoras próximas, pero tamén pode haber febras de inserción cara a outros ósos do carpo. Insírese na superficie lateral da base da falanxe proximal do polgar. O seu tendón adoita posuír un óso sesamoide.
Remove ads
Funcións
O flexor común curto do polgar é un músculo flexor da articulación metacarpofalánxica do primeiro dedo.
Innervación
Este músculo está innervado pola póla recorrente do nervio mediano.
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
