Músculo pectoral maior

From Wikipedia, the free encyclopedia

Músculo pectoral maior
Remove ads

O músculo pectoral maior é un músculo do membro superior humano pertencente á rexión axilar. É o meirande músculo da parede axilar anterior. O bordo inferior sitúase no pregamento axilar anterior. O músculo dispón de dúas porcións:

  • unha porción clavicular
  • unha porción esternocostal, que se orixina na parte interna da parede torácica.
  • nalgunhas ocasións, existen febras de inserción na parede abdominal anterior, existindo unha terceira porción: a abdominal.
Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...

O músculo insírese na crista do tubérculo maior do suco intertubercular do úmero.

As funcións do músculo abranguen a flexión, adución e rotación do brazo na articulación glenoumeral. A porción clavicular flexiona o brazo dende unha posición de extensión, mentres que a porción esternocostal esténdeo dende unha posición flexionada.

Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads