MICROSCOPE
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
MICROSCOPE, acrónimo de Microsatellite à traînée Compensée pour l'Observation du Principe d'Equivalence, foi un satélite artificial do CNES francés lanzado o 25 de abril de 2016 mediante un foguete Soiuz-ST-A Fregat-M desde o Centro Espacial de Kourou.[1][2][4][5][3]
Remove ads
Características
MICROSCOPE tiña nunha masa de 303 kg e baseábase no bus Myriade. A súa misión era comprobar o principio de equivalencia cunha precisión dunha parte sobre 1015, para o cal usaba o experimento T-SAGE, consistente en dúas masas cilíndricas concéntricas, unha de titanio e outra de platino e rodio. As masas quedaban suspendidas no interior do satélite, que manobraba coidadosamente mediante propulsores de nitróxeno, sendo monitorizadas e controladas por acelerómetros electrostáticos. Se o principio de equivalencia se cumpre, as dúas masas sentirían a mesma aceleración e non sería necesario axustalas para que permaneceran concéntricas. Se, polo contrario, non se cumprira, os acelerómetros terían que axustar as masas. O non cumprimento do principio de equivalencia suporía unha revolución na física, xa que está na base da relatividade xeral de Einstein.[1][2][4][5][3]
Remove ads
Resultados
MICROSCOPE finalizou a súas misión en outubro de 2018 ao esgotarse as reservas de nitróxeno para manobrar. O satélite vai usar un sistema innovador para acelerar a súa reentrada, consistente en dous mastros inchables de 4,5 m de longo que despregou ao final da misión e que provocarán a súa reentrada en 25 anos en lugar dos 73 que tardaría sen usar os mastros.[6] MICROSCOPE finalmente confirmou o principio de equivalencia coa precisión esperada.[7]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads