MSH4

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A proteína MSH4 ou proteína MutS homólogo 4 é unha proteína que en humanos está codificada no xene MSH4 do cromosoma 1.[1][2]

MSH4
Identificadores
Símbolo MSH4
Entrez 4438
UniProt O15457
Outros datos
Locus Cr. 1 :(75.8 – 75.91 Mb)

Función

As proteínas MSH4 e MSH5 forman unha estrutura heterooligomérica (heterodímero) en lévedos e humanos.[3][4][5] No lévedo Saccharomyces cerevisiae MSH4 e MSH5 actúan especificamente para facilitar sobrecruzamentos entre cromosomas homólogos durante a meiose.[3] O complexo MSH4/MSH5 únese a unións de Holliday dobres e estabilízaas, e promociona a súa resolución en produtos de sobrecruzamento. Un mutante hipomórfico (parcialmente funcional) de MSH4 en S. cerevisiae mostrou un 30% de redución en todo o xenoma no número de sobrecruzamentos, e un gran número de meioses sen intercambio de cromosomas.[6] Non obstante, este mutante dá lugar a patróns de viabilidade de esporas que suxiren que a segregación de cromosomas sen intercambio ocorría eficazmente. Así, en S. cerevisiae, unha segregación cromosómica correcta aparentemente non depende enteiramente dos sobrecruzamentos cos seus pares homólogos.

O xene him-14 do verme Caenorhabditis elegans codifica un ortólogo de MSH4.[7] A formación de sobrecruzamentos durante a meiose de C. elegans require o xene him-14(MSH4). A perda da función de him-14(MSH-4) reduce drasticamente o sobrecruzamento, o que ten como resultado a falta de quiasmas entre os homólogos e unha segregación anormal. Así, en C. elegans, a segregación aparentemente depende dos sobrecruzamentos entre os pares homologos. O xene him-14(MSH4) funciona durante a fase de paquiteno da meiose, o que indica que non é necesario para estabilizar as fases precedentes de apareamento e sinapse dos cromosomas homólogos.

Nun mutante para MSH4 do arroz, a frecuencia de quiasmas decrecía drasticamente nun 10% con respecto á frecuencia do tipo salvaxe, aínda que o complexo sinaptonémico se instalaba normalmente.[8] É probable que a MSH4 interaccione con MSH5 para promover a maioría dos sobrecruzamentos durante a meiose do arroz.

En xeral parece que MSH4 actúa durante a meiose para dirixir a reparación recombinacional dalgunhas roturas de dobre febra do ADN cara á opción do sobrecruzamento en vez de cara á opción de non sobrecruzamento (ver recombinación homóloga).

Remove ads

Interaccións

MSH4 presenta interaccións con MLH1,[9] MSH5[4][5][10] e MLH3.[11]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads