Macromedia FreeHand

From Wikipedia, the free encyclopedia

Macromedia FreeHand
Remove ads

Macromedia FreeHand é un programa informático de Macromedia de edición de gráficos vectoriais bidimensionais orientados ao mercado profesional do deseño gráfico. É unha aplicación flexíbel, bastante usada ademais en diagramación (paxinación). Posúe capacidades avanzadas de manipulación de imaxes vectoriais e, de forma limitada, en imaxes raster, para impresión e para a World Wide Web. É utilizado en produción para a Web pola súa grande integración cos outros programas da Macromedia, como o Macromedia Flash. Antes de ser cancelado o seu desenvolvemento, competía no mercado profesional cos programas Adobe Illustrator e CorelDraw. Co lanzamento do Adobe Creative Suite 3, o FreeHand foi oficialmente substituído por Adobe Illustrator.

Datos rápidos Instancia de, Uso ...
Remove ads

Desenvolvemento

Orixinalmente, foi creado pola Altsys e licenciado á Aldus, que lanzou as versións 1 a 4. Cando Aldus se xuntou á Adobe, que comercializaba o Adobe Illustrator, a Adobe devolveu o FreeHand para a Altsys. Máis tarde, en 1995, a Altsys foi adquirida por Macromedia, que lanzou o FreeHand nas versións 5.0, 5.5 (soamente para macOS), 7, 8, 9, 10 e 11 (ou MX). En 2005 Adobe comprou a Macromedia.

Coa compra de Macromedia por Adobe, que produce un programa concorrente, o Adobe Illustrator, o futuro do FreeHand foi cuestionado máis unha vez. A empresa anunciou inicialmente, en maio de 2006, que planeaba continuar a ofrecer mantemento técnico e desenvolvemento para o FreeHand "baseado nas necesidades dos seus consumidores".[1] Porén, un ano despois, en 15 de maio de 2007, Adobe declarou que iría cancelar, de feito, o desenvolvemento e mantemento de programa.[2]

Actualmente, os usuarios rexistrados do FreeHand MX poden comprar unha actualización para o Adobe Illustrator CS3. Mentres algúns usuarios do programa están enviando súas reclamacións á Adobe, esperando ver a continuidade do apoio e desenvolvemento de FreeHand,[3] a empresa decidiu fornecer ferramentas e guías para facilitar a transición para o Illustrator.

Oficialmente, o Macromedia FreeHand MX non admite Windows Vista. Porén, algúns usuarios relataran que o programa roda sen moitos problemas no sistema operativo da Microsoft.

Remove ads

Historia de lanzamentos

Máis información versión, data de lanzamento ...
Remove ads

Véxase tamén

Notas

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads