Macropódidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os macropódidos (Macropodidae) son unha familia de mamíferos marsupiais da orde dos diprotodontes composta por un gran número de xéneros. Inclúe ós canguros, ualabís e especies afíns. O termo "canguro" úsase no senso amplo para todo o grupo, aínda que é máis frecuente o seu uso para as meirandes especies.
A maioría de especies son terrestres e desprázanse a chimpos cando corren. Hai unhas poucas especies que son principalmente de vida arborícola (xénero Dendrolagus) e que son torpes en terra. Os macropódidos son exclusivamente herbívoros.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads