Oligoceno

From Wikipedia, the free encyclopedia

Oligoceno
Remove ads

O oligoceno, unha división da escala temporal xeolóxica, é a terceira e última época xeolóxica do período paleóxeno na era cenozoica.

Máis información Era, Período ...
Thumb
Sedimentos do oligoceno en Colorado.

Comezou hai 33,9 ± 0,1 millóns de anos e finalizou hai 23,03 millóns de anos.[2][3]

O oligoceno considérase a miúdo como un momento de transición entre o mundo tropical arcaico do eoceno e os ecosistemas de aspecto máis moderno do mioceno.[4] O cambio máis significativo dos ecosistemas do oligoceno foi a expansión global dos pasteiros e unha regresión dos bosques tropicais da franxa ecuatorial.

O comezo do oligoceno está marcado por un grande evento de extinción, unha substitución da fauna de Europa por outra de Asia, excepto para as familias endémicas de roedores e marsupiais, coñecida como a "Gran Ruptura de Stehlin". O límite oligoceno-mioceno non está marcado por un evento tan facilmente identificábel, senón máis ben por límites rexionais entre o máis cálido oligoceno tardío e o relativamente frío mioceno. A extinción que tivo lugar no oligoceno non foi moi severa, pero eliminou os enormes Titanotheres.

Remove ads

Etimoloxía

O nome oligoceno, cuñado polo xeólogo alemán Heinrich Ernst von Beyrich provén das palabras gregas ὀλίγος olígos, 'pouco' e καινός kaínos, 'novo', 'recente', e fai referencia á escaseza de novos grupos modernos de mamíferos en comparación coa explosión evolutiva que estes animais tiveron no eoceno.

Subdivisións

A Comisión Internacional de Estratigrafía recoñece as seguintes idades/pisos do oligoceno:[2][3]

  • Chattiano: empezou hai 28,4 ± 0,1 millóns de anos. Estratigraficamente, o seu inicio está marcado por foraminíferos planctónicos e pola extinción do xénero Chiloguembelina. Durante este período tivo lugar a maior erupción volcánica individual coñecida: a erupción de Fish Canyon en La Garita.[6] que sucedeu hai 27,51 millóns de anos.[7] Esta idade xeolóxica acabou hai 23,03 ± 0,1 millóns de anos e o seu nome, acuñado en 1894 polo xeólogo alemán Theodor Fuchs, fai referencia aos Chatti, unha tribo da antiga Xermania.[8]
Remove ads

Notas

Véaxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads