Madcon

From Wikipedia, the free encyclopedia

Madcon
Remove ads

Madcon é un dúo musical noruegués formado en 1992 por Yosef Wolde-Mariam e Tshawe Baqwa. Madcon lanzou sete álbums até o ano 2018. Son coñecidos polo cover de 2007 de "Beggin'" de The Four Seasons e polo sinxelo de 2015 "Don't Worry" con Ray Dalton.

Datos rápidos Orixe, Período ...
Remove ads

Membros

Yosef Wolde-Mariam

Yosef Wolde-Mariam, nado o 4 de agosto de 1978, é un presentador de televisión e rapeiro etíope-noruegués. Os seus pais son orixinarios de Etiopía e Eritrea.

Wolde-Mariam medrou en Grefsen, Noruega, e mudouse coa súa nai a Røyken, Grønland, Grünerløkka e Bekkelaget. En 2012, foi mentor na versión norueguesa de The Voice, coñecida como The Voice – Norges beste stemme, emitida pola televisión norueguesa TV 2.[1][2]

Tshawe Baqwa

Tshawe Baqwa, nado o 6 de xaneiro de 1980 en Saarbrücken, Alemaña, é un rapeiro e presentador de televisión surafricano-alemán-noruegués.[2]

Baqwa mudouse a Suráfrica cos seus pais cando tiña 14 anos, no momento das primeiras eleccións democráticas do país, e máis tarde regresou a Noruega para comezar a súa carreira musical.

Baqwa gañou na terceira edición da competición norueguesa de baile Skal vi danse?. Aínda que os xuíces finalmente favoreceron á finalista Mona Grudt, Baqwa gañou por votación pública. Tamén actuou como artista de voz no filme Rio, interpretando o personaxe de Nico.

Remove ads

Discografía

  • It's All a Madcon (2004)
  • So Dark the Con of Man (2007)
  • An InCONvenient Truth (2008)
  • Contraband (2010)
  • Contakt (2012)
  • Icon (2013)
  • Contakt Vol. 2 (2018)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads