Maná

From Wikipedia, the free encyclopedia

Maná
Remove ads

Maná é unha banda mexicana de Rock fundada en 1987 de grande éxito.

Datos rápidos Orixe, Período ...

A banda ten gañado catro premios Grammy, sete Premios Grammy Latinos, cinco MTV Video Music Awards Latinoamérica, cinco Premios Juventud, quince Premios Billboard de la Música Latina e quince dos Premios Lo Nuestro. Ademais obtivo múltiples premios polo seu labor a favor do ecoloxismo[1] En 2012 formaron parte do paseo do rock en Hollywood, Estados Unidos.

O son da banda baséase no rock latino, ritmos latinos, pop latino e o rock en español.[2] Nun principio recibiron o éxito comercial internacional en México, Australia e España, e dende aquela teñen gañado popularidade e a exposición en toda América Latina, Estados Unidos, Europa Occidental, Asia e Oriente Medio. Maná ten vendido máis de 40 millóns de discos en todo o mundo, sendo unha das bandas de rock en castelán con maior rexistro de vendas.[3][4]

Remove ads

Formación

Integrantes

Maná (empezou en 1987)

Ex-integrantes

  • Ulises Calleros, guitarra (1987-1992)
  • Iván González, teclados (1992-1994)
  • Cesar López "Vampiro", guitarra (1992-1994)

Músicos invitados

  • Juan Carlos Toribio, teclados (desde 1995)
  • Fernando Vallín, guitarras e coros (desde 2002)

Colaboracións

  • Alejandro Lora, en Falta amor
  • Sebastián Trepode
  • Carlos Santana, en Corazón espinado e todo o disco Revolución de amor.
  • Rubén Blades, en Sábanas Frías
  • Zucchero, en Baila morena e en Eres mi religión (en italiano)
  • Juan Luis Guerra, en Bendita tu luz
  • Shakira, en Mi verdad no álbum Cama incendiada (2015)
Remove ads

Maná en Galicia

Maná visitou Galicia en varias ocasións a nivel profesional actuando por exemplo en Cambados en 2003 durante a súa xira Revolución de Amor[5]. Tamén visitaron varias veces a cidade da Coruña (a última vez o 26 de agosto de 2015 durante a súa xira Cama incendiada)[6].

Discografía

Álbums

  • Maná (1987)
  • Falta amor (1989)
  • ¿Dónde jugarán los niños? (1991)
  • Cuando los ángeles lloran (1995)
  • Sueños líquidos (1997)
  • Revolución de amor (2002)
  • Amar es combatir (2006)
  • Arde el cielo (2008)
  • Drama y luz (2011)
  • Exiliados en la Bahía: Lo Mejor de Maná (Recompilatorio - 2012)
  • Você É Minha Religião: O Melhor de Maná (Recompilatorio - 2013)
  • Cama incendiada (2015)

Discos en Vivo e DVDs

  • Maná en vivo (1994)
  • Maná MTV Unplugged (1999)
  • Esenciales (2003)
  • Acceso Total (2004)

Fundación Selva Negra

Maná constituíu a Fundación Selva Negra en 1995[7] coa dirección de Mari González e Augusto Benavides[8] para financiar e apoiar importantes proxectos destinados a protexer o medio ambiente. Tamén co apoio do goberno de México nos esforzos para salvar a tartaruga mariña mediante o aumento de 140.000 ovos de tartaruga para a liberación na costa pacífica do país. O 7 de abril de 2008 Maná e a Fundación Selva Negra foron nomeados "Campión de Saúde"[9] pola Organización Panamericana de la Salud durante a celebración do Día Mundial da Saúde 2008 na sede da OPS en Washington[10]

Remove ads

Notas

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads