Mandíbula (artrópodos)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As mandíbulas son unha das pezas bucais dos artrópodos mandibulados (crustáceos, miriápodos e hexápodos). Ocupan unha posición postoral (están dispostas inmediatamente detrás da boca), e non son, por tanto, homólogas dos quelíceros dos quelicerados, nas que ocupan unha posición anatómica preoral (inmediatamente antes da boca).
Trátase de apéndices moi modificados, cunha zona basal engrosada e endurecida provista de elementos cortantes e/ou mastigadores, e unha zona apical (ausente en miriápodos e hexápodos, formada por un pequeno palpo nos crustáceos.
Remove ads
Nos crustáceos
Nos crustáceos as mandíbulas están formadas polos terceiros apéndices cefálicos, situados no somito mandibular, flanqueando a boca, e son multiarticulados e birrámeos, constituídas por un propodito (ou propodio) alongado en forma de robusta lámina mastigadora de bordo interno dentado e un endopodito (ou endopodio) en forma de palpo sensorial.[1]
Nos insectos e miriápodos
Nos insectos e nos miriápodos as mandíbulas son cada un dos dous apéndices laterais do terceiro segmento cefálico, situados entre as antenas e as primeiras maxilas, e que consisten nunha peza bucal endurecida, non dividida en artellos, que se utilizan para a captura das presas.[2]
As mandíbulas dos insectos son tan variadas como o son os seus alimentos. Por exemplo os saltóns e outros insectos herbívoros teñen mandíbulas filosas, serradas, que se moven de lado a lado. A maioría das bolboretas e trazas adultas carecen de mandíbulas porque se alimentan principalmente de néctar, mentres que as súas eirugas teñen mandíbulas mastigadoras. As mandíbulas das abellas raíñas son dentadas, pero as das obreiras son lisas. A maioría dos escaravellos adultos e as súas larvas teñen mandíbulas mastigadoras, serradas, similares ás dos saltóns.
Remove ads
Galería
- Mandíbula dun crustáceo anfípodo
1: proceso molar; 2: espiñas; 3: lacinia; 4: dentes apicais; 5: palpo. - Cabeza dun insecto mostrando as mandíbulas sen palpos.
- Mandíbulas de tipo mastigador dun insecto
(en cor azul). - Mandíbulas dunha formiga do xénero Myrmecia.
- Lucanus cervus coas mandíbulas modificadas, que non usa para a alimentación.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads