Manel Cráneo

debuxante e ilustrador galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Manel Cráneo
Remove ads

Manuel Pena Villar, de nome artístico Manel Cráneo,[1] nado na Coruña en 1973, e un debuxante, ilustrador e músico galego.[2][3]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

É un artista e emprendedor de perfil multidisciplinar: historietista, ilustrador, prologuista, humorista, gráfico, caricaturista, guionista, debuxante, articulista, tradutor, colorista, portadista, autor, asesor, técnico, editor e animador.[4]

Remove ads

Traxectoria

Estudou deseño gráfico na Escola de Artes e Oficios Aplicados Pablo Picasso da Coruña.

Na década de 1990 promoveu fanzines. Participou nas dúas etapas da revista Golfiño coa serie "A fraga Milmañas" con guións de Carlos Amil. Colaborou con A torre dos mouros, Viralatas, Os áridos, 10 anos de BD galega, Caña, Ovo, BD Banda, Barsowia e Subterfuge.[2] Tamén en Dos Veces Breve, GPS, Costra de Postre, Bravú, Subterfuge Comics, Interea Visual, Boletín Galego de Literatura.[5]

Traballou en cartelismo e publicidade, foi o responsable do storyboard de diversos filmes como O lapis do carpinteiro e curtametraxes como A ti como se che di adeus.[2]

A súa obra ten sido exposta en numerosas mostras por España, Portugal, Francia e Cuba.[5]

Foi promotor con Kike Benlloch do Colectivo Chapapote, durante a catástrofe ecolóxica do Prestige. En 2003, foi co-fundador e presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Como editor, fundou en 2009 Demo Editorial, editora especializada en banda deseñada en galego que dirixe desde entón.

Como produtor cultural, fundou, en 2015, a plataforma Coruña Gráfica. Dirixiu o Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia en Lugo.[6] É director tamén do festival Viñetas desde o Atlántico na Coruña.

Comisariou multitude de mostras colectivas de autores galegos e internacionais en Galicia e Portugal.

Na súa faceta musical formou parte de bandas de punk-rock como Vampiraos, 13:31 ou Error![7]

Remove ads

Obra

  • Roxín Roxal. A daga do conde (2022). Demo Editorial. ISBN 9788412469530. Con Brais Fierro.

Serie Diario de Pichuk

Álbum

  • Dámsmitt (2006). Dibbuks. Guión de Kike Benlloch.[8]
  • Os lobos de Moeche (2009).[9] Demo Editorial. Reeditado en 2012.
  • Cousas de mortos (2012).[10] Demo Editorial.
  • A Fraga Milmañas (2013). Demo Editorial. Guión de Carlos Amil.
  • Destino Hërgüss (2015). Demo Editorial, dentro do universo do Planeta Mincha.

Fanzine

  • Nicasso (1994).[11] Varios. Castelán
  • Macabro (1995).[12] Varios. Castelán
  • Craneografía (1995).[13] Castelán
  • Merienda de locos (1997).[14] Varios. Castelán
  • Os rústicos da guadaña (1997).[15]
  • Craneofília (1998).[16] Castelán.

Ilustración de libro infanto-xuvenil

Remove ads

Premios

  • 1993: Accésit no III Certame Ourense de BD por "O párroco de Algures".
  • 1994: Accésit por "Rosario", no IV Certame Ourense de BD.
  • 1995: Accésit no XI Concurso Galego de BD por "Muller na estrada".
  • 1996: 4º premio no XII Concurso Galego de BD por "Centro Psiquiátrico Xudas Iscariote".
  • 1997: 3º premio no XIII Concurso Galego de BD.
  • 1998: Nacional de Cómic sobre Vida e Obra de García Lorca (Granada).
  • 1999: Sexto premio do XV concurso galego de banda deseñada Xuventude polo cómic "Tío Toné".
  • 2002: 4º premio do III Certame Galego de Imaxe Artística (categoría A, 23-30 anos), pola historia "Miña lúa".
  • 2003: 4º premio do IV Certame de Imaxe Artística 2003 (categoría A) por "Un branco moi negro".
  • 2023: Premio Follas Novas do Libro Galego por Roxín Roxal. A daga do conde, con Brais Fierro.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads