Manifesto dos persas

From Wikipedia, the free encyclopedia

Manifesto dos persas
Remove ads

Manifesto dos persas é o nome que tomou un documento asinado o 12 de abril de 1814, en Madrid, por sesenta e nove deputados das Cortes españolas, á fronte dos cales asinou o deputado por Sevilla, Bernardo Mozo de Rosales. Nel pedíase ao rei Fernando VII, que retornaba do exilio francés e se atopaba en Puçol[1] (Valencia), o retorno ao Antigo Réxime e o derrogamento da lexislación creada polas Cortes de Cádiz dende 1812.

Thumb
Portada do libro publicado co título de Manifesto dos persas.
Remove ads

Características

O manifesto tomou o seu nome a partir dunha cita, no mesmo documento, no que se refire ao costume dos antigos persas para gozar de cinco días de anarquía despois da morte do rei. Os autores identificaban esa anarquía co período do liberalismo vixente dende a Constitución de Cádiz até ese momento. O documento equiparaba á constitución gaditana á Revolución francesa e reclamaba a restauración dos estamentos e os privilexios tradicionais do Antigo Réxime.

O documento foi empregado polo rei para elaborar o decreto do 4 de maio no que se leva a cabo o restablecemento do absolutismo.

Asinantes

Máis información Nº, Deputado ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads