Manu Lago
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Manuel Lago García, coñecido tamén como Manu Malabaranda, nado en Vigo o 9 de xaneiro de 1976 e finado en Santiago de Compostela o 16 de decembro de 2018[1], foi un actor de circo e malabarista galego.
Remove ads
Traxectoria
Comezou a actuar como pallaso e malabarista en espectáculos na rúa en Galicia, coincidindo coa súa formación universitaria (cursou estudos de bioloxía), a finais dos anos noventa e principios do século XXI. En 2003 marchou a estudar circo ao Reino Unido, onde se licenciou en 2006 pola Universidade de Kent[2].
Foi un dos membros fundadores de Pistacatro, un colectivo heteroxéneo de artistas de circo, pallasos e malabaristas que se creou en Santiago de Compostela no ano 2006. A súa carreira profesional estivo vinculada ás obras e producións de Pistacatro desde ese momento.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads