Manuel Lechuga Boado
futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Manuel Lechuga Boado, coñecido como Lechuga II, nado na Coruña o 6 de outubro de 1929 e finado o 20 de xuño de 2020,[1] foi un futbolista galego. Xogaba de centrocampista.
Era irmán do tamén futbolista Lechuga I.
Remove ads
Traxectoria
Tras comezar a xogar ao fútbol en varios equipos coruñeses como o Atlético Olmos, o María Pita ou o Español, fichou en 1947 polo Deportivo Xuvenil, no que tamén xogaba seu irmán Lechuga I.[2]
En 1949 fichouno o Deportivo da Coruña, que o cedeu dous anos de novo ao Xuvenil. Debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División na tempada 1951–52, no primeiro partido de liga contra o Racing de Santander en Riazor, que rematou con vitoria local (2–1), logrando o segundo dos tantos coruñeses. Nesa campaña o adestrador do Deportivo era Chacho, que contou con Lechuga en 11 ocasións, nas que conseguiu tres goles.
Na tempada 1955–56 logrou o seu mellor rexistro goleador no Deportivo, anotando 7 dianas. Esa foi unha campaña moi convulsa, na que o conxunto coruñés evitou o descenso a Segunda División por un punto.
Na tempada 1956–57 xogou cedido no Real Oviedo, en Segunda División, volvendo ao Deportivo nos últimos partidos da campaña e desvinculándose do Deportivo ao remate desta.
A continuación xogou unha tempada no Xerez CD, antes da súa retirada.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads