Manuel Quiroga Vázquez
avogado e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Manuel Quiroga Vázquez, nado en Viloira (O Barco de Valdeorras) en 1845 e finado no mesmo lugar o 15 de febreiro de 1906[1], foi un avogado e político galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Quiroga (homónimos).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Quiroga (homónimos).
Remove ads
Traxectoria
Fillo de José Quiroga Valdés, señor de Monte Furado e da casa de Viloira. Licenciado en Dereito. Foi deputado polo distrito de Lugo (1869-1872) e por Quiroga (1876-1879) integrado nas filas da Unión Liberal e por Valdeorras (1879-1884 e 1896-1901) xa formando parte do Partido Conservador. O seu traballo no Congreso estivo centrado na mellora das comunicacións para a bisbarra valdeorresa. Foi senador pola provincia de Lugo (1884-1885) e pola de Ourense (1903-1904). En 1895 foi nomeado Director Xeral de Agricultura e foi embaixador plenipotenciario da China en Madrid.
Remove ads
Vida persoal
Casou con Elena Velarde Guisasola e foi pai de José Quiroga Velarde e Elena Quiroga Velarde, que casou con Marcelino Suárez González. Viúvo, casou en segundas nupcias con Elena Navia-Osorio Sánchez Arjona. Era irmán do tamén político Vicente Quiroga Vázquez.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads