Manuel Roel Longueira

político e xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Manuel Roel Longueira, nado en Guísamo (Bergondo) o 4 de xaneiro de 1898 e finado en Betanzos o 20 de febreiro de 1968, foi un destacado galeguista de comezos do século XX.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia ben situada economicamente, relacionado coa reputada imprenta Roel. Foi o máis novo de oito irmáns. Non cursou estudos universitarios. En 1916 integrouse nas incipientes Irmandades da Fala da Coruña. Desta época datan algúns textos seus, poucos, publicados en A Nosa Terra. Casou en 1926 con Bernardina Martín Torres, coa que mudou a Betanzos ese mesmo ano. Traballou de axente comercial e como correspondente para El Pueblo Gallego, empresa viguesa pertencente a Portela Valladares.

Durante a II República española simpatizou co Partido Galeguista. En 1936 exiliouse na Arxentina, temoroso da represión franquista, ficándolle a familia en Galiza.

Xa en Buenos Aires desempeñou un importante labor de activismo galeguista, foi presidente da Agrupación de Artistas Gallegos, director da revista Lar e colaborador noutras publicacións e programas de radio. Escribiu múltiples contos e pezas teatrais. Tivo relación directa con persoeiros da categoría de Luis Seoane, Rafael Dieste ou o propio Castelao.

En 1950 volveu a Galiza, onde morreu en 1968.

Remove ads

Obras

  • Contos e poemas de Manuel Roel, edición e estudo crítico de Concepción Delgado Corral, Mª Teresa Amado Rodríguez e Alfredo Erias Martínez. Concello de Betanzos, 1998.

Véxase tamén

Bibliografía

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads