Manuel Sánchez Monge

bispo católico español From Wikipedia, the free encyclopedia

Manuel Sánchez Monge
Remove ads

Manuel Sánchez Monge, nado en Fuentes de Nava (Palencia) o 18 de abril de 1947, é un bispo católico latino castelán, actual bispo de Santander.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Manuel Sánchez Monge naceu en Fuentes de Nava (Palencia) o 18 de abril de 1947. Comezou os seus estudos eclesiásticos no seminario diocesano, e en 1970 foi ordenado sacerdote da diocese de Palencia, e recibiu varios encargos pastorais na diocese, até 1971.

Posteriormente, continuou cos seus estudos de Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana, en Roma, licenciándose en 1974. Á súa volta a Palencia, foi profesor no Instituto Teolóxico, reitor no Seminario Menor, profesor de relixión na escola secundaria e pro-vigairo xeral, entre outros. En 1998 fixo o doutoramento na Gregoriana.

É autor de diversos libros sobre espiritualidade e o matrimonio cristián.

Remove ads

Obra

  • Antropología y teología del matrimonio y la familia [Antropoloxía e teoloxía do matrimonio e a familia]. Sociedad de Educación Atenas. 1987.
  • Parábolas como dardos: narraciones provocadoras para matrimonios inquietos [Parábolas coma dardos: narracións provocadoras para matrimonios inquedos]. Sociedad de Educación Atenas. 1992.
  • Eclesiología: la Iglesia, misterio de comunión y misión [Eclesioloxía: a Igrexa, misterio de comuñón e misión]. Sociedad de Educación Atenas. 1994.
  • "Serán una sola carne...": estudio interdisciplinar sobre el matrimonio y la familia ["Serán unha única carne...": estudo interdisciplinar sobre o matrimonio e a familia]. Sociedad de Educación Atenas. 1996.
  • La Iglesia doméstica, sus fundamentos teológicos y su radicación en la Iglesia particular: estudio eclesiológico de la Iglesia doméstica según los Sínodos de los Obispos y el magisterio del Papa Juan Pablo II de 1980 (Sínodo de la familia) a 1994 (Año de la familia) [A Igrexa doméstica, os seus fundamentos teolóxicos e a súa radicación na Igrexa particular: estudo eclesiolóxico da Igrexa doméstica segundo os Sínodos dos Bispos e o maxisterio do papa Xoán Paulo II de 1980 (Sínodo da familia) a 1994 (Ano da familia)]. Roma: Pontificia Universidade Gregoriana. 1999.
Máis información Dignidades da Igrexa católica ...

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads