Manuel Taboada Roca

xurista e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Manuel Taboada Roca, nado en Melide o 17 de xaneiro de 1904 e finado en Madrid o 3 de marzo de 2006, foi un xurista galego, Conde de Borraxeiros desde o 1 de outubro de 1958 e Marqués de Montesacro.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo de Jesús Taboada Madriñán e Jesusa Roca Salgado. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito pola Universidade Central de Madrid (1926), ingresou na carreira xudicial en 1928 e foi xuíz de instrución de Boltaña (Huesca), Ortigueira e Carballo, maxistrado do Tribunal Supremo do Corpo de Maxistrados de Traballo. Dirixiu a revista Foro Gallego (1950-1960) e realizou estudos biográficos, xenealóxicos e históricos. Foi académico da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e da Real Academia Española de Jurisprudencia y Legislación, correspondente da Real Academia Galega, e membro do Instituto Luis de Salazar y Castro do Consello Superior de Investigacións Científicas. Finou en Aravaca o 3 de marzo de 2006 aos 102 anos.[1][2]

Remove ads

Obras

  • Los Poderes generales para pleitos: facultades que otorgan y actividades procesales que no autorizan.
  • Los Antiguos padrones de estado en los concejos rurales de Galicia.
  • El Procesalista Herbella de Puga: vida y obras de este gran jurisconsulto, 1952.
  • Los Títulos nobiliarios y su regulación legislativa en España, 1953.
  • La rehabilitación de las mercedes nobiliarias: su verdadera naturaleza y consecuencias que contrariamente a sus fines ocasiona, 1972.
  • Notas genealógicas sobre el jurista Gaspar Rodríguez, 1973.
  • Los Requisitos de procebilidad en la casación civil española, 1980.
  • Las Sucesiones nobiliarias y su regulación legislativa después de la Constitución, 1983.
  • En defensa de la nobleza gallega de antaño, 1993.
Remove ads

Vida persoal

Irmán de Antonio Taboada Roca. Casou en Ortigueira con Pilar Fernández Martínez o 12 de outubro de 1933,[3] e foi pai de Manuel, María del Pilar, María Jesús, María de la Concepción, María Teresa, María Socorro, María José e José Ramón Taboada Fernández.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads