Manuel Valeriano Alonso

político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Manuel Valeriano Alonso de León, coñecido como Pichurri, nado en Camariñas en 1951, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fotógrafo e axente de seguros, foi concelleiro de Camariñas polo PTG nas primeiras eleccións democráticas. Ingresou no PSdeG-PSOE en 1980, e por esa formación foi concelleiro entre 1991 e 1996, cando dimitiu. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Camariñas[1] e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. En xuño de 2011 foi imputado por suposta negociación prohibida a funcionarios.[2] Volveu ser reelixido no 2015 con maioría absoluta. O 24 de agosto de 2018 presentou a súa dimisión pasando a ser alcaldesa a número 2, Sandra Ínsua.

Dez anos máis tarde, en novembro de 2021, foi condenado a inhabilitación por xestionar para o concello pólizas de seguro dende a súa empresa, Pichurri SL[3].

Predecesor:
Juan Bautista Santos Ramos
 
Alcalde de Camariñas
 
2007 - 2018
Sucesor:
Sandra Ínsua
Remove ads

Vida persoal

Casou coa tamén fotógrafa María del Carmen Freire Ramos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads