María Teresa Alvajar
política e escritora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
María Teresa Alvajar López, nada na Coruña en 1922 e finada en Madrid o 9 de xaneiro de 2016,[1] foi unha política e escritora galega.
Remove ads
Traxectoria
Filla do político republicano César Alvajar e de Amparo López Jeán,[2] era irmá de Ana María Alvajar, Amparo Alvajar e Javier Alvajar López. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi encarcerada con 17 anos na prisión da Coruña acusada de dirixir checas e o Servizo de Investigación Militar republicano.[1] No cárcere coincidiu con Esther Casares, filla de Santiago Casares Quiroga.[3] Exiliouse en Francia cos seus pais. Deixou testemuño da súa traxedia persoal e familiar no libro Memorias dunha republicana (Laiovento) editado por Aurora Marco.
Remove ads
Homenaxes
En 2008 recibiu o Premio Galiza Mártir e en 2009 foi nomeada Republicana do ano pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.[2][4]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads