María Xosé Porteiro

xornalista, política, feminista e escritora galega From Wikipedia, the free encyclopedia

María Xosé Porteiro
Remove ads

María Xosé Porteiro García, nada en Madrid o 25 de maio de 1952,[1] é unha xornalista, política e escritora galega de narrativa e ensaio. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Naceu na capital de España de pai galego e nai asturiana. Pasou a súa infancia en Cuba[2] ata que a súa familia se instalou en Vigo. É licenciada en Publicidade.

Foi directora de INCOLSA, do Museo del Ferrocarril de Madrid e da Dirección de Comunicación da Fundación de los Ferrocarriles Españoles.[3] Desde 1999 ata xullo de 2001, foi directora xerente da empresa pública municipal do Concello de Santiago "Información y Comunicación Local, S.A.", desde a que dirixiu a promoción da "Capitalidad cultural europea" do ano 2000. Pertenceu ao primeiro consello de administración de TVE Galicia.[4]

Traballou na emisora de radio La Voz de Vigo e no xornal El Pueblo Gallego. Dirixiu o espazo informativo A bisbarra en Radio Popular de Vigo (1981-1985). Como periodista e escritora publica na La Voz de Galicia, El País e Tiempo. Foi xefa do Departamento de Prensa do Concello de Vigo.

Concelleira polo PSdeG en Vigo, foi tenente de alcalde (1987-1991) e (2003-2006),[5] deputada no Parlamento de Galicia (1989-1997) e no Congreso dos Deputados (2004-2007), onde foi voceira adxunta da comisión de exteriores. Desde o 1 de outubro de 2007 ata abril de 2009 foi delegada da Xunta de Galicia na Arxentina. Membro das Asembleas Parlamentarias do Consello de Europa. Desde xullo dese ano foi a directora do Museo del Ferrocarril de Madrid, posto que abandonou en 2010 para facerse cargo da dirección de Comunicación da Fundación Ferrocarriles Españoles.

En agosto do 2019 co apoio do Partido Popular e do Partido Socialista de Galicia é designada polo Parlamento galego como adxunta á Valedora do Pobo [6][7][8]. Desde 2019 é coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega (antes Comisión de Igualdade).

Presenta autores e autoras e realiza moderación como conferenciante de coloquios literarios no Club Faro de Vigo[9][10][11] e no Centro de Documentación de Recursos Feministas de Vigo[12].

Como escritora de ficción histórica destaca Sándalo, unha novela onde a autora recolle douscentos anos de percorrido na historia colectiva.[13][14]

Remove ads

Obra en galego

Novela

Ensaio

Obras colectivas

Remove ads

Obra en castelán

Ensaio

  • Vine, vi y ... ¡hablé!. Las mujeres frente al discurso público (2012). Auga Editora. 162 páxs. ISBN 9788493825386.

Premios

  • Premio Ernestina Otero 2020 concedido na cidade de Vigo polo seu labor e traxectoria.[30]
  • En xullo de 2009 o Consello de Ministros de España acordou concederlle a Encomenda ao Mérito Civil pola súa aportación á política exterior española.[4]
  • En 2023 premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña.[31]
  • 2024: III Premio Mundiario de Periodismo, por unanimidade do xurado en recoñecemento ao labor e compromiso na defensa da liberdade e expresión e a cultura.[32]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads