María de Sicilia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
María de Sicilia, nada en Catania o 2 de xullo de 1363 e finada en Lentini (Catania) o 25 de maio de 1401, foi raíña de Sicilia co nome de María I. Foi a filla e herdeira de Frederico III de Sicilia e de Costanza de Aragón e Navarra.
Remove ads
Traxectoria
Ao morrer seu pai cando ela era aínda moi xove, Artal de Alagón asumiu a rexencia, e o goberno efectivo recaeu nunha das familias de baróns que actuaron como "vigairos".
En 1379 foi traslada a Barcelona por orde do seu avó Pedro IV de Aragón, para ser educada pola súa tía Leonor.[1]
En 1391, previa dispensa do papa,[1] contraeu matrimonio con Martiño o Mozo, sobriño do rei Xoán I de Aragón, que tomou o título de rei de Sicilia. En 1392, ambos os dous regresaron a Sicilia cunha forza militar e aplacaron a resistencia dos baróns[2] gobernando conxuntamente até 1401, cando ela faleceu na cidade de Catania.[3]
Tras a súa morte, Martiño o Mozo rexeitou o Tratado de 1327, asinado polo último rei Frederico III, e gobernou Sicilia en solitario.
Predecesor: Frederico III |
Raíña de Sicilia 1377 - 1401 ![]() |
Sucesor: Martiño I |
Predecesor: Frederico III |
Duquesa de Atenas 1377 - 1381 |
Sucesor: Pedro IV de Aragón |
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads