Catania

comuna italiana From Wikipedia, the free encyclopedia

Cataniamap
Remove ads

Catania é unha cidade italiana de 296.453 habitantes e 770.000 na súa área metropolitana. É a segunda cidade máis grande de Sicilia, situada na costa leste da illa, capital da provincia de Catania.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Xeografía

Está a medio camiño entre as cidades de Messina e Siracusa, ao pé do monte Etna. O clima en Catania é de tipo mediterráneo, o inverno xeralmente é de curta duración e con temperaturas máximas durante o día relativamente suaves, mentres o verán é de longa duración con temperaturas máximas moi altas, mesmo chegan a superar os 40 °C.

Historia

Catania foi fundada no século VIII a.C. por colonos gregos e segundo os historiadores o nome da cidade deriva de “Katane” (raiado), polo territorio lávico do volcán Etna.

En 1434 Afonso V de Aragón fundou a Universidade de Catania, que a comezos do século XXI era unha das máis grandes do sur de Italia con 62.000 estudantes e dividida en 12 facultades. Catania foi destruída sete veces por terremotos e erupcións volcánicas, e a última catástrofe que se lembra foi no ano 1693.

Ao igual ca no resto da illa de Sicilia, en Catania fálase siciliano e italiano.

Remove ads

Patrimonio

Thumb
Catedral de Santa Ágata.

O estilo barroco do seu centro histórico foi declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO no 2002. As principais atraccións de Catania son a praza Duomo, o teatro romano, o Parco Bellini, o castello Ursino e a central Via Etnea.

Na praza Duomo está o Liotru, unha fonte de elefante considerada o emblema da cidade. Fronte a ela está a catedral de Santa Ágata, santa patroa da cidade. Do 3 ao 5 de febreiro celébranse as festas patronais.

Outros lugares característicos en Catania son o mercado do peixe sempre brillando con cores, sons e cheiros, e o mercado chamado “fera ´o luni” que está aberto todos os días.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads