Mar de Bering

parte do océano Pacífico From Wikipedia, the free encyclopedia

Mar de Beringmap
Remove ads

O mar de Bering (ruso: Бе́рингово мо́ре) é unha parte do océano Pacífico.[1][2] Limita ao norte e ao leste con Alasca, ao oeste con Siberia en Rusia, e ao sur coa Península de Alasca e as Illas Aleutianas. O mar recibe o seu nome polo seu descubridor, o navegante danés Vitus Bering.

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...
Remove ads

Características

Durante a última glaciación, o nivel do mar foi o suficientemente baixo como para permitir migrar a persoas e animais de Asia a América do Norte a pé, a través de onde actualmente se sitúa o estreito de Bering, localizado na zona norte do Mar. Isto recibe comunmente o nome de "istmo de Bering" e crese que foi o primeiro punto de entrada de persoas cara ao continente americano.

Cun clima moi tormentoso e altas ondadas, a navegación é arriscada, ademais o norte do mar conxélase durante o inverno. O mar é rico en recursos pesqueiros, principalmente centolas.

Remove ads

Xeografía

Thumb
Mar de Bering mostrando o maior dos canóns submarinos que cortan a marxe

Extensión

A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar de Bering como segue:[3]

No norte. O límite meridional do mar de Chukchi: O Círculo Polar Ártico entre Siberia e Alasca.
No sur. Unha liña que vai desde Kabuch Point (54°48′N 163°21′O) na Península de Alasca, a través das Illas Aleutianas ata os extremos sur das Illas Komandorski e ata o Cabo Kamchatka, de tal xeito que todas as augas entre Alasca e Kamchatka están incluídas no Mar de Bering.

Illas

As illas do mar de Bering inclúen:

Remove ads

Notas

  1. McColl, R.W. (2005). Encyclopedia of World Geography. Infobase Publishing. p. 697. ISBN 978-0-8160-5786-3. Consultado o 26 Novembro 2010.
  2. "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2010.
  3. "Alaska Islands of Bering Sea". www.stateofalaskaguide.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2022. Consultado o 24 de abril de 2018.
  4. "Wilderness.net - Bering Sea Wilderness - General Information". Wilderness.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2022. Consultado o 24 de abril de 2018.

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads