Marcial Dorado
contrabandista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Marcial Dorado Baúlde, nado en Cambados o 2 de abril de 1950, é un empresario galego. Dende hai anos reside na Illa de Arousa, após ser condenado por contrabando e narcotráfico.
Remove ads
Traxectoria
Comezou a traballar para o contrabandista de tabaco Vicente Otero Pérez "Terito" como piloto de lanchas motoras de alta velocidade. A partir de aí desenvolveu unha ampla carreira profesional que o levou a ser propietario de terreos, estacións de servizo, adegas etcétera. Nos anos noventa foi detido e condenado por contrabando de tabaco. En 2003 foi detido pola orde do xuíz José Antonio Vázquez Taín pola súa implicación na introdución en Galicia a bordo do barco South Sea, de seis toneladas e media de cocaína, unha das maiores cantidades intervidas en Europa.[1] Xulgado na Audiencia Nacional, foi condenado en 2009 a 10 anos de cárcere e ao pago de dúas multas de case 70 millóns de euros.[1] Durante o proceso apreixáronlle propiedades vitivinícolas, case duascentas propiedades inmobiliarias, e contas en Suíza, Portugal e as Bahamas[2].
No momento de coñecerse a sentenza, xa estaba en prisión por outro asunto, o suborno a dous gardas civís durante a súa etapa de contrabandista de tabaco a finais dos anos 70, polo que fora condenado en 2006 a 2 anos e medio de cárcere, ingresando na prisión da Lama en 2007.[3] En 2015 foi condenado pola Audiencia Nacional a outros 6 anos de prisión e a pagar 21 millóns de euros por un delito branqueo de capital,[4] condena ratificada un ano despois polo Tribunal Supremo.[5]
Amizade con Alberto Núñez Feijóo
- Artigo principal: Caso das fotografías de Alberto Núñez Feijóo con Marcial Dorado.
En 2013 publicáronse fotos no xornal El País, onde aparecía navegando co que daquela era secretario xeral do Sergas, e posteriormente presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo[6], e que xeraría un posterior debate político en Galicia. En 2020 concedeu unha entrevista a Jordi Évole, na que falou sobre a súa amizade con Feijóo.[7] A entrevista provocou que toda a oposición en Galicia pedise explicacións ao presidente, ao que acusaron de mentir cando se escudou en que non era unha relación estreita, mentres que Dorado afirma o contrario.[8]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads