Mariña mercante
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Mariña mercante é a frota de barcos usados para o comercio e o turismo, e que en caso de catástrofe poden formar parte da Mariña militar. (Véxase barco mercante). A mariña mercante de Grecia é a máis grande do mundo. Hoxe, a frota grega representa preto do 16 por cento da tonelaxe mundial; isto convértea na actualidade na frota mercante internacional máis grande do mundo, aínda que non a maior da historia.[1]
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |


Remove ads
Categorías
Estas frotas poden seren divididas en diversas categorías de acordo co seu propósito ou o seu tamaño:
- Buques de carga seca, principalmente portacontedores.
- Buques especializados, por exemplo, para cargas moi pesadas, para o transporte de vehículos ou de maquinaria especial.
- Costeiros, barcos máis pequenos para calquera categoría de carga que normalmente non fan rotas transoceánicas, senón transportes ao longo das costas (cabotaxe).
- Cruceiros, barcos de pasaxeiros para realizaren viaxes de lecer.
- Transbordadores, que na súa maioría combinan a carga de pasaxeiros e os seus automóbiles, e que se utilizan normalmente para rotas regulares entre dous portos.
- Tanques para o transporte de combustíbeis ou outros líquidos, como petróleo cru, petróleo refinado e outros produtos petrolíferos, gas licuado de petróleo (como o gas natural, o propano e o butano) e produtos químicos (quimiqueiros). Tamén líquidos comestíbeis, como aceites vexetais, viño e outros alimentos. O sector dos buques tanque comprende unha terceira parte da tonelaxe mundial.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads