Maria Callas

soprano grega (1923-1977) From Wikipedia, the free encyclopedia

Maria Callas
Remove ads

Maria Anna Cecilia Sophia Kalogeropoulos, nada en Nova York o 2 de decembro de 1923 e finada en París o 16 de setembro de 1977, máis coñecida polo nome artístico de Maria Callas, foi unha soprano grega, a máis famosa cantante de ópera do período de posguerra.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Lápida na tumba de Maria Callas

Combinaba unha impecable técnica do bel canto cun gran talento dramático, o que fixo dela a máis famosa actriz cantante naquela época. Era extraordinariamente versátil, xa que o seu repertorio ía dende a ópera seria clásica, como La Vestale de Gaspare Spontini, ata as óperas de Giuseppe Verdi, ou Giacomo Puccini.

Os seus estudos de coloratura permitíronlle cantar papeis moi diferentes.

Remove ads

Traxectoria

Nada de pais gregos, Callas estudou en Atenas, onde cantou de 1939 a 1945, abrazando a carreira internacional de finais dos anos 40 ata os anos 60. Dotada dunha voz especial que conxugaba un timbre único de volume, extensión e axilidade notábeis, Callas contribuíu no descubrimento do repertorio italiano da primeira metade de 1800 (a denominada belcanto renaissance), en particular VIncenzo Bellini e Gaetano Donizetti, dos que soubo dar unha lectura persoal, de ton tráxico e dramático, pero puramente elexíaco. É a Callas a quen se debe a definición de soprano drammatico d'agilità pola restauración da técnica de canto oitocentista.

Entre os seus cabalos de batalla encóntranse Bellini (Norma, Puritani, Sonnambula), Donizetti (Lucia di Lammermoor), Verdi (Traviata, Trovatore, Aida), Ponchielli (Gioconda) e Puccini (Tosca, Turandot).

Dedicouse con éxito á descuberta de títulos saídos de repertorio tales como Armida e Il turco in Italia de Rossini, Il pirata de Bellini, Anna Bolena de Donizetti, Alceste e Iphigénie en Tauride de Gluck e La Vestale de Gaspare Spontini, quer polo rigor filolóxico como era práctica nesa época, quer cortando e retocando as liñas vocais.

Remove ads

Repertorio

Máis información Personaxe, Título ...
Remove ads

Discografía

Artigo principal: Discografía de Maria Callas.
Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads