Maria Mitchell
astrónoma estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Maria Mitchell, nada en Nantucket (Massachusetts) o 1 de agosto de 1818 e finada en Lynn o 28 de xuño de 1889, foi a primeira muller dedicada a astronomía nos Estados Unidos e a primeira muller que formou parte da Academia Estadounidense de Artes e Ciencias.[1]
Remove ads
Traxectoria
Terceira nunha familia con dez fillos, asistiu a un centro de ensino para señoritas, tendo ademais autoeducación.
Foi profesora de astronomía para mulleres no Vassar College e chegou a ser a directora do seu observatorio.[2] [3]O primeiro de outubro de 1847 converteuse na terceira muller en descubrir un cometa co telescopio (Miss Mitchell's Comet) polo que recibiu unha medalla de ouro do rei Federico de Dinamarca.[4] Calculou táboas de posicións astronómicas de Venus, tomou fotografías dos planeta Xúpiter e Saturno e das súas lúas, estudou nebulosas, estrelas dobres e eclipses solares. Desenvolveu teorías sobre as súas observacións como a revolución dunha estrela arredor doutra nas estrelas dobres en formación e a influencia da distancia e da composición química na variación da cor da estrela. Estudou a eclipse solar total. Tomou as primeiras fotografías ordinarias do Sol e elaborou unha hipótese sobre as manchas solares que, no canto de ser nubes serían cavidades na superficie solar.
Foi a primeira muller elixida para ocupar un posto en diversas institucións científicas americanas, como a AAAS (Asociación Americana para o Avance da Ciencia).[4] Fundou e foi presidenta da Asociación Americana para o Avance das Mulleres.[4] Así mesmo, obtivo un grao honorario en Columbia.
Foi unha muller con ideais que loitou pola súa igualdade salarial respecto aos homes, en protesta contra a escravitude deixou de vestir prendas de algodón e apoiou o movemento sufraxista.[5]
Remove ads
Recoñecemento
Pola súa figura reciben o seu nome: o observatorio de Nantucket, un barco da segunda guerra mundial, un cráter lunar,[4] un asteroide e foi incluída na galería da fama dos Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
