Martiño Rivas
actor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Martiño Rivas López, nado en Vimianzo o 10 de xaneiro de 1985,[1] é un actor galego, coñecido artisticamente noutrora como Martín Rivas[2]. Interpretou a Marcos Novoa Pazos na serie de televisión de Antena 3 El internado e o seu papel no filme Os xirasoles cegos valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación.
Remove ads
Traxectoria
Comezou a súa carreira como actor sendo un neno, na serie da TVG Mareas vivas. Traballou nela de 1998 a 2000, nas temporadas primeira a terceira. En 2004 participou na rodaxe da curtametraxe Puzle, de 24 minutos de duración. En 2005 tivo tamén un papel secundario, como David, nas dúas temporadas de Maridos e mulleres, de Zénit Televisión para TVG. Das teleseries de ámbito autonómico pasou a traballar en series estatais como SMS, na cal sae en cinco episodios. Dende 2007 a 2010, fixo o papel de Marcos Novoa Pazos na serie El Internado de Antena 3. No 2008, fixo a súa primeira aparición no cine, no filme de José Luis Cuerda Os xirasoles cegos xunto a Javier Cámara e Maribel Verdú. A súa interpretación valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación. O ano seguinte, aparece na curtametraxe Universos xunto coa súa compañeira de El Internado Blanca Suárez. No 2011 fai o seu debut no teatro coa obra Drácula, na que interpreta a Jonathan Harker.
Remove ads
Vida persoal
Fillo do escritor Manolo Rivas e de María Isabel López. Rivas graduouse nun instituto de Londres e posteriormente estudou comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela.[3] Ademais do galego e o castelán, fala fluidamente o inglés.[4]
Mantivo unha relación coa actriz Irene Escolar[5].
En 2017 comezou unha relación con Kayoko Everhart, modelo e bailarina de orixe afroxaponesa da Compañía Nacional de Danza coa que tivo unha filla. [6]
Desde 2020 mantén unha relación coa modelo francesa Lily Fofana, é filla do exfutbolista marfileño Youssouf Falikou Fofana e a ex do YouTuber Sneako co que rompeu en 2020.
Martiño decidiu castelanizar o seu nome por Martín porque non o entendían en Madrid.[2]
Remove ads
Filmografía
Curtametraxes
- Puzzle (2004). Curtametraxe gravada en Santiago de Compostela.
- Atopeite (2006). Dirixida por Susana Pérez.
- Universos (2009). Dirixida por José Corbacho e Juan Cruz. Como Álex.
Obras de teatro
- Drácula (2007) de Bram Stoker. Dirixida por Eduardo Bazo e Jorge de Juan e protagonizada por Emilio Gutiérrez Caba e Ramón Langa, entre outros. Como Jonathan Harker.
- La Monja Alférez (2013) de Domingo Miras. Dirixida por Juan Carlos Rubio. Centro Dramático Nacional.
- Cuestión de altura (2014) de Sandra García Nieto. Dirixida por Rubén Cano. Como Rubén. Teatro Español
- Jauría (2019-2021) de Jordi Casanovas. Dirixida por Miguel del Arco. Como Antonio Guerrero. Teatro Kamikaze y Gira.
Premios e nomeamentos
- Premios Goya
- Festival de cine e telivisión Islantilla
- Premios Vieira de Prata
- Premios EP3
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads