Javier Cámara
actor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Javier Cámara Rodríguez, nado en Albeda de Iregua (A Rioxa) o 19 de xaneiro de 1967, é un actor español de cinema, televisión e teatro.
En decembro de 2022 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España.[1]
Remove ads
Traxectoria
Chega a Madrid coa intención de converterse en actor e comeza alí os seus estudos de arte dramática ó tempo que trababalla como acomodador no Teatro Fígaro.
O seu primeiro papel relevante en televisión sería na serie de Antena 3 Ay, señor, señor, onde compartía protagonismo con Andrés Pajares, pero o personaxe que realmente lle daría fama sería o de Paco Gimeno en Siete Vidas.
Abandona esta produción para dedicarse ó cine, no que xa debutara xunto a Fernando Colomo en 1991 en Rosa Rosae. Tras deixar Siete Vidas roda proxectos como Hable con ella e La mala educación, de Pedro Almodóvar; Lucía y el sexo, de Julio Medem ou Torremolinos 73, de Pablo Berger entre outros moitos títulos que compoñen a súa filmografía.
Máis recentemente rodou La vida secreta de las palabras, de Isabel Coixet e Alatriste, de Agustín Díaz Llanes. O seu último proxecto ata o momento é La torre de Suso, de Tomás Fernández.
Ademais de actor cabe salientar as súas facetas de guionista na curta Hombres Tranquilos e na película Los abajo firmantes (2003), onde tamén traballaba coma intérprete, e de compositor en filmes como Más de mil cámaras velan por tu seguridad, de David Alonso en 2003; Jara, de Manuel Estudillo en 2000 ou Memorias del Ángel caído, de David Alonso e Fernando Cámara en 1997.
É irmán do director e guionista Fernando Cámara, co que coincidiu nalgúns proxectos.
Remove ads
Filmografía
Cinema
Televisión
Programas de televisión
Remove ads
Teatro
- 1991 El caballero de olmedo, de Lope de Vega coa Compañía de teatro Clásico de Miguel Narros.
- Dígaselo con Valium.
- El pícaro.
- Sombrero nuevo.
- La isla.
- Retorno al hogar.
- Desde con desden.
- 2003 Como en las mejores familias.
Premios
- Nomeado ó Goya ó Mellor Actor revelación (1998) por Torrente, el brazo tonto de la ley.
- Nomeado ó Goya ó Mellor Actor (2002 e 2003) por Hable con Ella e Torremolinos 73.
- Nomeado ó Goya ó Mellor Actor Secundario (2005) por La Vida Secreta de las Palabras.
- Mellor actor de teatro (2003).
- Candidato ó Mellor actor de cine (2002 por Hable con ella, 2003 por Torremolinos 73, 2005) por Malas temporadas.
- Mellor actor de televisión (1999) por Siete Vidas.
Academia de Cine Europeo
- Premio do público ó mellor actor por Hable con ella.
- Candidato ó premio ó mellor actor por Hable con ella.
- Mellor actor en 2003 por Torremolinos 73
Festival de Peñíscola
- Mellor actor en 2000 por Cuarteto en La Habana e en 1998 por Torrente, el brazo tonto de la ley.
- Mellor actor en 1999 por Torrente, el brazo tonto de la ley e en 2003 por Torremolinos 73 e Los abajo firmantes.
Unión de Actores.
- Mellor actor de cine nun papel secundario (2005) por La mala educación.
- Mellor actor de televisión nun papel protagonista (2000) por Siete Vidas.
- Mellor intérprete secundario de televisión (1995) por Ay, señor, señor.
- Candidato ó mellor actor de cine nun papel protagonista (2006) por Malas temporadas.
- Candidato ó premio de mellor actor secundario en cine (2006) por La vida secreta de las palabras.
- Candidato ó mellor actor de cine nun papel protagonista (2003) por Hable con ella.
- Candidato ó premio de mellor actor secundario en cine (2002) por Lucía y el sexo.
- Candidato ó premio de mellor actor secundario en cine (1999) por Torrente, el brazo tonto de la ley.
TP de ouro
- Premio ó mellor actor por Siete Vidas en 2001.
- Candidato ó premio ó mellor actor por Siete Vidas en 2000.
ATV (Academia da Televisión)
- Candidato ó Premio á mellor interpretación masculina por Siete Vidas en 2000 e 2001.
Círculo de escritores cinematográficos
- Candidato ó mellor actor secundario (2006), por La vida secreta de las palabras.
- Candidato ó mellor actor (2004), por Torremolinos 73.
- Candidato ó mellor actor (2003), por Hable con ella.
Premios ACE
- Candidato ó premio ó mellor actor en 2003 por Hable con ella.
Toulouse Cinespaña
- Mellor actor en 2003 por Torremolinos 73.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads