Martin Knudsen
físico danés From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Martin Hans Christian Knudsen, nado en Hasmark o 15 de febreiro de 1871 e finado o 27 de maio de 1949 en Copenhaguen,[1] foi un físico danés que traballou na Universidade Técnica de Dinamarca, coñecido principalmente polo seu estudo do fluxo molecular dos gases e o desenvolvemento da célula Knudsen, un compoñente principal dos sistemas de epitaxia de raio molecular.
Knudsen é coñecido tamén polo seu traballo na teoría cinético-molecular e os fenómenos a baixa presión nos gases. O seu nome asóciase co fluxo de Knudsen, a difusión de Knudsen, o número de Knudsen, a capa de Knudsen e os gases de Knudsen, ademais da ecuación de Knudsen. Publicou o libro The Kinetic Theory of Gases (Londres, 1934), contendo os resultados principais das súas investigacións. Knudsen estivo tamén activo na oceanografía física, desenvolvendo métodos para a definición das propiedades da auga do mar.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads