Matarranya

From Wikipedia, the free encyclopedia

Matarranyamap
Remove ads

Matarranya (Matarraña en castelán e oficialmente Matarraña/Matarranya[1]) é unha comarca de Aragón, en España, situada ao leste da provincia de Teruel. A capital administrativa é Valderrobres e a cultural é Calaceite.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Municipios

A comarca engloba aos municipios de Arens de Lledó, Beceite, Calaceite, Cretas, Fórnoles, La Fresneda, Fuentespalda, Lledó, Mazaleón, Monroyo, Peñarroya de Tastavins, La Portellada, Ráfales, Torre de Arcas, Torre del Compte, Valdeltormo, Valderrobres e Valjunquera.

Xeografía

Limita ao norte co Bajo Aragón-Caspe, ao leste coa provincia de Tarragona, ao sur coa provincia de Castelló e ao oeste co Bajo Aragón. A bisbarra de Matarraña adóitase considerar parte do Bajo Aragón Histórico.

Linguas

Pertence á chamada Franja de Ponent, e en todos os municipios a lingua local está entre as variedades clasificadas como dialectos do catalán.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads