Maurice Gendron

músico francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Maurice Gendron, nado o 16 de decembro de 1920 en Niza (Francia) e finado o 20 de agosto de 1990 en Grez-sur-Loing (Francia), foi un violonchelista e profesor francés. É considerado un dos mellores violonchelistas franceses do século XX. Gendron tocou con moitas estrelas do panorama musical do seu tempo como Benjamin Britten ou Rudolf Serkin. O seu Stradivarius do século XVIII, que se chegou a coñecer como o "Ex-Gendron" é tocado actualmente pola violonchelista alemá Maria Kliegel.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Maurice Gendron naceu nunha familia pobre, fillo de mai violinista que tocaba na orquestra do teatro, e dun pai que os abandonou pronto. Gendron recibiu as súas primeiras leccións de violín aos catro anos, mais sen moito pracer. Pasou aos cinco anos a tocar o violonchelo, que pronto lle comezaría a gustar.

O seu primeiro mestre, levouno con dez anos a escoitar a Emanuel Feuermann, quedando conmovido pola súa interpretación. Coñeceu ao seu ídolo, tomando leccións cando lle era posible, mais non podía permitirse ir a Viena, Zürich ou Nova York. En 1934, aos 14 anos, recibiu o primeiro premio do Conservatorio de Niza, e tres anos despois foise estudar ao Conservatorio de París con Gerard Hekking.

O seu delicado estado de saúde impediulle combater na segunda guerra mundial. Negouse a tocar para os alemáns e uniuse á resistencia. Despois da Guerra, realizou o seu debut en Londres no Wigmore Hall o 2 de decembro de 1945, acompañado por Benjamin Britten na súa interpretación das sonatas de Gabriel Fauré e Claude Debussy.

En decembro de 1945, estreou en Europa occidental o primeiro concerto para violonchelo de Prokofev coa London Philharmonic Orchestra de Londres baixo a dirección de Walter Susskind, recibindo a exclusividade durante tres anos. Máis tarde, Gendron lembraba en broma: "Así é como comecei: ninguén quería escoitar a Maurice Gendron, mais todo o mundo quería escoitar Prokofev!"[Cómpre referencia].

A súa amizade con Britten levouno a unha dolorosa desilusión cando o compositor británico abandonou un proxecto que lle ía dedicar.

Para o seu debut en Nova York, elixiu facer unha homenaxe a Emanuel Feuermann, morto durante a Guerra, tocando o concerto de Dvorak, o concerto en Re maior de Haydn.

Formou un trío con Yehudi Menuhin e Hephzibah Menuhin que durou 25 anos.[1]

En 1970, converteuse en profesor do Conservatorio de París.

Foi daquela cando se viu envolto nun grave accidente no que se feriu o hombreiro, mais en 1985 volveu a Londres a tocar un concerto en conmemoración do 40 aniversario do seu debut. Morreu o 20 de agosto de 1990.

É o pai do actor François-Eric Gendron.

Remove ads

Profesor

Gendron dou clases na Yehudi Menuhin School e dende 1970 no Conservatorio de París. Entre os seus alumnos salientan Colin Carr, Chu Yibing e Jacqueline du Pré, entre moitos outros.

As súas ideas da interpretación violonchelística están resumidas no libro "L'Art du Violoncelle", escrito en colaboración con Walter Grimmer e publicado en 1999 por Schott [ED 9176; ISMN M-001-12682-3].

Repertorio

Gravou a meirande parte dos principais concertos para violonchelo con direcotres como Bernard Haitink, Raymond Leppard e Pau Casals, e con orquestras como a do Wiener Staatsoper, a London Symphony Orchestra e a London Philharmonic Orchestra. Realizou tamén multitude de gravacións de obras para violonchelo e piano con pianistas como Philippe Entremont e Jean Françaix. Tamén realizou unha célebre gravación das Suites para Violonchelo de J.S. Bach.[2]

Gendron foi o primeiro violonchelista moderno que tocou o concerto en Si bemol de Boccherini na súa forma orixinal en lugar da versión de Grützmacher. Realizou tamén a estrea en Europa occidental do concerto para violonchelo de Prokofev.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads