Maurice Ravel

compositor francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Maurice Ravel
Remove ads

Joseph Maurice Ravel, nado en Ciboure, Pireneos Atlánticos, o 7 de marzo de 1875 e finado en París o 28 de decembro de 1937, foi un compositor francés da época moderna.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Ravel ao piano

A súa obra, que denota un estilo neoclásico audaz, é o froito dunha herdanza complexa e de procuras musicais que revolucionaron o piano e a música orquestral.

Ravel recoñécese como un mestre da orquestración e un artesán meticuloso que cultivaba a perfección formal ao tempo que permanecía profundamente humano.

É o autor dun célebre bolero, e un dos músicos máis tocados do mundo.

Adaptación de música galega

Durante a súa carreira, Ravel tamén se dedicou á adaptación de músicas de diferentes culturas, entre elas fixo unha versión da canción galega "Adiós, meu meniño, adiós" de Marcial del Adalid. Esta peza é parte da súa Chanson espagnole, onde respecta tanto o texto orixinal en galego como a melodía.[1] En 1910, Ravel participou con sete pezas nun concurso organizado pola 'Casa do Lied' en Moscova. Os temas premiados foron publicados o ano a seguir baixo o título Quattre Chants Populaires. Para a canción nº 1, Ravel empregou a melodía publicada por Adalid en 1880 como parte da segunda serie da colección Cantares vellos e novos de Galicia, incluíndo o texto galego como alternativa ao francés.

Segundo Margarita Soto Viso, a adopción desta melodía con ritmo de habanera pode alterar significativamente o sentido orixinal do texto e a música, mostrando unha interpretación libre que se distancia do espírito da melodía orixinal.[2]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads