Max Jacob

From Wikipedia, the free encyclopedia

Max Jacob
Remove ads

Max Jacob, nado en Quimper, na Bretaña, o 12 de xullo de 1876 e finado nun campo de concentración de Drancy o 5 de marzo de 1944, foi un escritor, poeta, dramaturgo e pintor francés.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Max Jacob, retrato de Amedeo Modigliani
Remove ads

Traxectoria

Foi amigo de Pablo Picasso. Abandonou os estudos para seguir os cubistas que se instalaron en Montmartre, onde entre outros persoeiros amigou con Apollinaire, Modigliani e Juan Gris. A súa produción inicial foi intensa, malia que moitos dos seus primeiros escritos non se conservan. A súa obra Saint Matorel, de 1909, constitúe a súa primeira creación literaria de relevo no xénero da novela mística. Tamén participou das tendencias do neoimpresionismo na pintura, e do surrealismo e o dadaísmo na literatura. Uha obra destacada de Jacob foi Le siège de Jérusalem, publicada en 1914, coincidindo coa súa conversión ao catolicismo.

Outras obras dignas de mención foron a colección de poemas en prosa Le cornet à dés (1916), La Défense de Tartufe (1919) e Le nom (1926).

De orixe xudía, a segunda guerra mundial colleuno en Saint-Benoit, onde foi apresado e enviado ao campo de concentración de Drancy, onde morreu en 1944. Foi soterrado en 1949 en Saint-Benoît-sur-Loire.

Remove ads

Obra

  • Historia do rei Kabul I e do pinche Galván[1] (1903)[2]
  • Le Christ à Montparnasse
  • Saint-Matorel (1911)
  • La Côte (1911)
  • Œuvres burlesques et mystiques de Frère Matorel (1912)
  • Le Siège de Jérusalem‚ grande tentation céleste de Frère Matorel (1914)
  • Le Cornet à dés (1916) qui lui apporte la notoriété
  • Le Phanérogame (1918)
  • La Défense de Tartufe (1919)
  • Cinématoma (1920)
  • Le Laboratoire central (1921)
  • Le Roi de Béotie (1921)
  • Le Cabinet noir (1922)
  • Art Poétique (1922)
  • Filibuth ou o reloxo de ouro[3] (Filibuth ou la Montre en or, 1923)
  • Le Terrain Bouchaballe (1923)
  • Les Tabar (1924) in Selection 3 12/1924 (pp 209-219)
  • Visions infernales (1924)
  • L'Homme de chair et l'Homme reflet (1924)
  • Les Pénitents en maillots roses (1925)
  • Le Fond de l'eau (1927)
  • Le Tableau de la Bourgeoisie (1929)
  • Rivage (1931)
  • Bourgeois de France et d'ailleurs (1932)
  • Ballades (1938)
  • Derniers Poèmes (1945)
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads