Maximiliano I de Habsburgo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Maximiliano I de Habsburgo
Remove ads

Maximiliano I de Habsburgo, nado en Wiener Neustadt o 22 de marzo de 1459 e finado o 12 de xaneiro de 1519 en Wels, foi emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico desde 1508 (de facto, a partir de 1493) até á súa morte.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Maximiliano era fillo do emperador Frederico III, do Sacro Imperio Romano Xermánico, e da emperatriz Lionor de Portugal. Posuía tamén os títulos de conde do Tirol, duque da Estiria, señor da Suíza, duque da Carintia e señor da Suabia; por iso, ao conseguir ser electo emperador do Sacro Imperio, tornouse o máis poderoso dos príncipes alemáns desde Frederico II.

Casou en 1477 coa súa prima materna a duquesa María de Borgoña (1457-1482), filla de Carlos o Temerario. Enviuvando, Maximiliano loitou contra a Francia que quería anexar o territorio borgoñés (o que de feito conseguiu). Reuniu un consello de príncipes alemáns, para obter axuda e se coroar rei de Italia, o que non viu ocorrer.

En 1508, tras reinar sobre o Sacro-Imperio por 15 anos sen o título, e co consentimento do Papa Xulio II, el acaba coa necesidade de se cumprir a tradición do Sacro-Emperador ser coroado polo Papa para recibir o título, bastando así, soamente a súa elección como tal.

Foi sucedido no Imperio por seu neto Carlos V de Habsburgo.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads