Maza

From Wikipedia, the free encyclopedia

Maza
Remove ads

A maza[1], clava ou mangual é unha arma empregada en batallas en Europa desde a Idade Media ao Renacemento, unha versión do mallo agrícola, que nalgunhas linguas mesmo se chaman igual (en particular Lindley Cintra recolle o termo mangual nos seus estudos dialectais do galego-portugués[2] e en dicionarios modernos de portugués aparece con ambos significados[3]). Este bastón compleméntase cun pau de man e unha bola de punta afiada unida a unha cadea.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Thumb
Maza, clava ou mangual (batedor de bola e cadea).
Thumb
Guerreiro portando arma de bola e cadea nos cadros da igrexa de Alaitza (Álava).
Thumb
Cabaleiro con mangual nunha ilustración alemá de 1450.
Remove ads

Historia

Aínda que a aparición desta arma é moi común en iconografía e imaxes, e mesmo en coleccións de armas antigas, algúns historiadores cuestionan se estas bólas metálicas aguzadas foron realmente usadas en combate.[4] Crese que os exemplares matrices poden ter sido creados como falsos ou apropiados como adorno ou como obxecto de colección.

Por outra banda, existe outra arma semellante que está realmente certificada historicamente, sen cabeza metálica puntiaguda, con cabeza de coiro. Usada no pobo rus da Europa Oriental no século X, que se estendeu cara ao oeste desde o séculos XI ao XIII.[5]

De feito, na Igrexa de Alaitza, en Álava, Euskadi, pódense ver guerreiros portadores de tales armas.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads