Meirás, Valdoviño

parroquia civil do concello de Valdoviño From Wikipedia, the free encyclopedia

Meirás, Valdoviñomap
Remove ads

San Vicente de Meirás, antigamente San Vicenzo de Meirás[2][3] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.381 habitantes (689 homes e 692 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.317 habitantes. Ten unha superficie de 6,8 km², cunha densidade de poboación é de 193,67 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Remove ads

Poboación

Thumb
Igrexa parroquial de San Vicente.

Patrimonio

A igrexa de San Vicente de Meirás é un pequeno templo de planta rectangular cunha soa nave, dúas capelas laterais, presbiterio e sancristía, que destaca pola súa torre campanario de planta cadrada sita no centro da súa fachada principal e rematada en forma piramidal. O seu elemento de maior interese é o retablo gótico do seu altar maior.

É de destacar tamén o castro de Castrillón, o que fora a localización das baterías de costa no alto do monte da Vela en Montefaro, e o moderno faro de Punta Frouxeira.

Remove ads

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Meirás

Lugares da parroquia de Meirás no concello de Valdoviño (provincia da Coruña)

O Amedo | O Barral | O Canto do Muro | A Capela | O Carballoso | A Chousa | A Cubeta | O Feal | Fornos | O Funchal | A Gándara | A Igrexa | A Lameira | Lavacerido | Montefaro | Padín | As Pallotas | A Pedreira | A Penela | Riaña | Riobó | Taraza | Vilanova

Parroquias de Valdoviño

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Valdoviño

Lago (Santiago) | Loira (San Pedro) | Lourido (San Bartolomeu) | Meirás (San Vicente) | Pantín (Santiago) | O Sequeiro (Santa María) | Valdoviño (Santalla) | Vilaboa (San Vicente) | Vilarrube (San Martiño)

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads