Menecio (homónimos)

páxina de homónimos de Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Na mitoloxía grega, Menecio (en grego antigo: Μενοίτιος/Menoítios) é o nome de varios personaxes.

  1. Menecio, un titán, fillo de Xapeto e Clímene ou Asia, e irmán de Atlas, Prometeo e Epimeteo. Morreu alcanzado por un raio que lle lanzou Zeus na Titanomaquia e foi encerrado no Tártaro.
  2. Menecio, fillo de Áctor e Egina, medio irmán de Éaco e marido de Polimela, con quen foi pai de Patroclo. Viviu en Opunte e formou parte da expedición dos Argonautas. Algunhas versións afirman que a súa nai era Damocrateia, unha filla de Egina, e no canto de Polimela chaman á súa esposa Esténela ou Periapis. Cando Patroclo matou durante uns xogos ao fillo de Anfidamante, Menecio fuxiu con el á corte de Peleu en Ftia, onde foi educado. Menecio foi amigo de Heracles.
  3. Menecio ou Menetes, un fillo de Ceutónimo, gardián dos rabaños de Hades.
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads